jueves, 28 de julio de 2016

REFLEXIÓN INDIVIDUAL DE Mª DEL CARMEN PEREIRO

MÓDULO I: MARCO CONCEPTUAL

Este módulo 1 se divide en cinco temas diferentes pero interrelacionados entre eles. A continuación, irei tema por tema indicando cales foron os puntos máis relevantes para min:

         TEMA 1: MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACIÓN LABORAL

O punto máis relevante do tema do marco de referencia da Orientación Laboral foi saber que o Fondo Social Europeo nos proporciona uns recursos que podemos aproveitar, a través das diferentes convocatorias de axudas.
Tamén podemos destacar a importancia de saber distinguir entre as políticas activas e as políticas pasivas de emprego:
- Políticas activas son o conxunto de programas e medidas de orientación, emprego e formación que teñen por obxecto mellorar as posibilidades de acceso ao emprego das persoas desempregadas no mercado de traballo, por conta propia ou allea.
- Políticas pasivas son aquelas que teñen como obxectivo principal a protección por desemprego, atendendo a situación de necesidade que se produce cando unha persoa traballadora, con capacidade para traballar e con intención de facelo, non pode prestar os seus servizos no mercado de traballo ben por non atopar un posto ou ben por perder o que estaba a desenvolver.



TEMA 2: O MERCADO LABORAL
O punto máis relevante do tema de mercado de traballo foi cando o docente Fernando nos comentou que a causa do paro é debido ao salario xa que nun emprego con gran salario e no que hai menos persoas traballando.



Tamén podemos destacar a importancia que ten na búsqueda activa de emprego coñecer o mercado laboral xa que buscar emprego é unha carreira de fondo na que o triunfo non só está reservado a aquelas que mellor preparadas estean, senón ás que ademáis saben venderse e coñecen como construir o seu camiño hacia o emprego. Para elo é necesaria manexar o mercado laboral e coñecerse a un mesmo, así como sacar partido ao currículo vitae, dominar o proceso de selección, a entrevista, e por último estar ao tanto das novas tecnoloxías.






TEMA 3: CERTIFICACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL
O punto máis relevante do tema de certificación e formación profesional foi que as cualificacións profesionais organízanse en 26 familias profesionais é en cada familia, según o grao de coñecemento, hai 5 niveis de cualificación pero só se utilizan 3 niveis.

O CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE INCLÚE:

- IDENTIFICACIÓN

- CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE PERFIL
- FORMACIÓN
Neste tema tamén é importante saber diferenciar entre unha persoa cualificada e unha persoa competente. A persoa está cualificada cando no seu desempeño laboral, obtén os resultados esperados, cos recursos e o nivel de calidade debido. A persoa é competente, cando nos referimos á gama completa dos seus coñecementos e as súas capacidades no ámbito persoal, profesional ou académico, adquiridos por diferentes vías e en todos os niveis, do básicco ao máis alto.




TEMA 4: A POLÍTICA SOCIAL E DE EMPREGO NA UNIÓN EUROPEA
O punto máis relevante do tema da política social e de emprego na Unión Europea foi a rede EURES: Rede Europea de Servizos de Emprego, o cal, é un portal de mobilidade profesional que sirve para que as persoas poidan encontrar traballo noutro país. Esto nos facilita a os orientadores laborais ter a información necesaria para poder facilitarlla a os usuarios/as que desexen ir a traballar ou estudar nalgún país da Unión Europea, para poder desenvolverse con facilidade no país de destivo.


TEMA 5: A INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO AO MERCADO LABORAL
O punto máis relevante do tema da iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral é o importante que é motivar a unha persoa que teña a iniciativa de emprender un negocio, asesorando e aclarando todas as dúbidas para que a persoa poida saber se o seu plan de empresa sería viable. Así como tamén é importante xestionar correctamente a información da Unión Europea para saber orientar aos nos usuarios/as para que poidan beneficiarse dos programas, axudas, subvencións, becas, etc cara a mellor a súa empregabilidade.













REFLEXIÓN FINAL:

Nestes tempos que estamos vivindo, onde encontrar traballo se está facendo un camiño longo e difícil de alcanzar, temos que intentar adquirir todas as ferramentas necesarias empezando por coñecer o mercado laboral, coñecerte a tí mesmo, formarte, etc, para poder alcanzar o obxectivo esperado que sería encontrar traballo. Neste camiño, a intervención dun orientador laboral ten un papel moi importante xa que te saberá aconsellar sobre como intertar mellorar a búsqueda activa de emprego neses momentos no que unha persoa se encontra un pouco perdida e non sabe que facer para poder atopar traballo.



Para saber máis:



www.sepe.es

- CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE
- EURES: TRABAJO EN EUROPA
- CREA TU PLAN DE NEGOCIO, ETC.

www.xunta.es

- OFERTAS DE EMPREGO
- FORMACIÓN, ETC.

www.igape.es

- PUNTOS DE ASESORAMENTO AO EMPRENDEDOR
- PLAN DE NEGOCIO
- GUÍA UE DE INTERNACIONALIZACIÓN, ETC


No hay comentarios:

Publicar un comentario